Curso en Narón de «Reposición, caixa e atención seccións supermercados»

O Concello de Narón abrirá este martes, dia 7 de xuño, o prazo de inscrición nun novo curso do Programa municipal de Formación.

Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, indicando que se trata dunha acción formativa sobre “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”. A edil naronesa recordou que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas, estando dispoñibles 15 prazas e que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal de luns a venres de 8.30 a 13.00 ou mediante os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O curso de “Reposición, caixa e atención seccións supermercados” terá unha duración total de 215 horas, que se prevén impartir do 21 deste mes ó 24 de agosto de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Inclúe unha parte de prácticas profesionais non laborais, cinco horas ó día, que terán lugar en empresas colaboradoras, que fixarán o horario das mesmas.

En canto ás materias a abordar, impartiranse clases de Prevención de riscos laborais específicos do posto de traballo; Comunicación e atención básica á clientela; Loxística e técnicas de venda; Procedementos de cobro e pago das operacións de venda e Organización, distribución e reposición de produtos, entre outros. As inscricións para este curso poderán tramitarse ata o día 14 deste mes ás 13.00 horas.

As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello, da páxina web do Concello de Narón http://www.naron.es/web/cat/es/ayuntamiento/servicios_municipales ou chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109)

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …