Obradoiro sobre xogos tradicionais galegos en Narón

A Biblioteca de Narón abrirá este martes, día 7 de xuño, o prazo de inscrición nun obradoiro de xogos tradicionais dirixido a nenos a partir de catro anos.

A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que a actividade se levará a cabo este sábado, día 11, ás 11.00 horas e indicou que se trata dunha proposta “programada para festexar o Día Internacional do xogo e o Día Internacional do Medio Ambiente”, que se conmemoran respectivamente os días 28 de maio e 5 de xuño.

A través deste obradoiro os menores participantes poderán coñecer unha pequena historia de xogos tradicionais galegos para que posteriormente sexan eles mesmos os que elaboren algúns dese xoguetes empregando material reciclado.

Para que continúen profundizando na materia tamén disporán dunha selección bibliográfica sobre esta temática que poderán levala á casa en calidade de préstamo. Para poder asistir, os nenos deberán ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

As reservas de praza poden formalizarse a partir de mañá ás 16.00 horas de xeito presencial ou chamando ó teléfono 981 382173 no horario de apertura da Biblioteca.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …