Peches parciais da biblioteca municipal de Narón para a realización de exames informáticos

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que na tarde deste martes, día 7 de xuño, non se poderá acceder á segunda planta da Biblioteca municipal nin a ningún dos servizos que alí se ofertan e tamén que este mércores día 8 a Biblioteca permanecerá pechada en horario de mañá.

A edil naronesa indicou que a medida responde á necesidade de utilizar ese espazo para realizar os exames de informática dunhas prazas de auxiliar administrativo convocadas dende o Concello.

Dende o Concello de Narón solicítanse desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida.

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …