Alugamento de instalacións deportivas municipais de Narón

O Padroado de Deportes de Narón abriu o prazo para solicitar o alugamento para uso das instalacións deportivas, adestramentos e partidos oficiais, na tempada 2022/2023

Así o anunciou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que indicou que se poderán solicitar ata o día 23 deste mes a través do Rexistro municipal do Concello, no Rexistro auxiliar de Deportes ou a través da Sede Electrónica de Narón.

“As entidades e clubs deportivos deben presentar unha solicitude por cada unha das instalacións municipais que desexen utilizar na vindeira tempada, para poder ter acceso ás mesmas a partir de setembro en función da súa dispoñibilidade”, explicou Oreona.

O edil recordou que tanto os clubs como as entidades deportivas que asinan anualmente convenios de colaboración co Concello deben presentar as súas solicitudes, podendo manter os horarios que empregaban na anterior tempada ou pedir cambios no mesmo.

As instalacións que se poden alugar son as do Complexo polideportivo municipal da Gándara, pavillóns das Lagoas, Campo da Serra, A Solaina, Piñeiros, Castro, Sedes O Val, pavillón da Mocidade, ximnasio do complexo polideportivo da Gándara, Estadio de Río Seco, campos de herba artificial do Val e do Cadaval, campo de fútbol de San Mateo, postas de atletismo e outras instalacións deportivas.

Os impresos para realizar os trámites que permitan alugar as instalacións municipais poden retirarse nas oficinas do Complexo polideportivo municipal da Gándara ou a través do enlace: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/cat/gal/actividades/descarga-documentacion

Lea también

Narón convoca tres novas andainas do programa “Ponte en ruta con nós”

O Concello de Narón abre a vindeira semana, os días 22, 23 e 24 de …