Apertura do prazo de inscrición na Ludoteca municipal da Solaina, Narón

A Ludoteca municipal de Narón abriu o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos e preferentemente empadroados en Narón.

A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que durante o horario de verán, que está operativo ata o 7 de setembro (o mes de agosto as instalacións permanecen pechadas), é de luns a venres de 10.00 a 13.00 para actividades e obradoiros cos nenos.

Entre as 13.00 e as 14.00 horas as persoas que o desexen poden acudir a solicitar información sobre a Ludoteca, ubicada no baixo do número 2 da rúa Cardenal Cisneros, na Solaina.

En total ofértanse 24 prazas, das que doce son para menores de 3 a 6 anos e as doce restantes para os de 7 a 12 anos. As familias, tal e como indicou a edil naronesa, poden elixir libremente o horario, tendo opción de facelo os cinco días as tres horas que permanece operativa.

Para solicitar máis información pódese acudir á Ludoteca e tamén chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …