Espectáculo infantil «A miña lingua, a túa lingua» no Centro Cívico do Val, en Narón

O Centro Cívico Social do Val acollerá este domingo, día 12, o espectáculo “A teacher Lu”, de Oviravai, enmarcado na proposta «A miña lingua, a túa lingua».

Trátase dunha actividade impulsada dende a Secretaria Xeral de Política Lingüísitca FalaRedes 2022 para a Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Narón, tal e como indicou a concelleira responsable do servizo, Mercedes Taibo.

A cita diríxese a público familiar, estando recomendada para menores de 6 a 11 anos, e comezará ás 12.00 horas. Poderán asistir, de balde, todas as persoas que o desexen ata completar a capacidade da sala, non sendo precisa inscrición previa.

O espectáculo xorde coa vontade de ofrecer ás familias un momento de lecer e aprendizaxe a través da música. Catro artistas cunha dilatada experiencia da compañía Oviravai cantarán e bailarán cancións incluídas no libro «A miña lingua, a túa lingua”, onde se aborda a importancia de aprender diferentes linguas dun xeito ameno e divertido, partindo do galego. As palabras, a risa e a música forman o universo deste espectáculo.

A edil de Ensino e Bibliotecas animou ós veciños de Narón a acudir a esta convocatoria.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …