Sesións de ioga e pilates nos parques de Freixeiro e Xuvia, Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga e pilates ó aire libre.

As actividades levaranse a cabo nos parques de Freixeiro e Xuvia, tal e como indicou o edil, que avanzou que se dirixen a maiores de 16 anos e que se formarán grupos dun máximo de quince usuarias ou usuarios, sendo preciso un mínimo de sete inscritos para poder realizala.

As sesións programáronse de luns a xoves en horario de mañá. No caso do parque de Freixeiro os luns e mércores de 9.00 a 11.00, en dúas sesións dunha hora cada unha, impartirase pilates e os martes e xoves ioga. No parque de Xuvia haberá ioga os luns e mércores e pilates os martes e xoves, tamén de 9.00 a 11.00. O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ó mes.

As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. As preinscicións poden realizarse chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 ou 2505), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 e tamén nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …