Axudas para liquidacións de acometidas de abastecemento e saneamento no rural, Narón

O Concello de Narón abriu este venres, día 10 de xuño, durante quince días hábiles, o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural.

Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do xoves día 9, no que se estipulan tanto as condicións destas axudas como os requisitos para optar ás mesmas, sendo un deles estar empadroado na vivenda para a que se solicita.

As subvencións destinaranse ás acometidas realizadas con posteridade ó remate do prazo de solicitude de axudas convocadas no ano 2020 ata o último día do prazo de solicitude deste ano en novos tramos das parroquias da estrada do Trece, Prados-Ferrerías, a avenida Malde Vizoso, o Camiño Vertente, o Camiño da Presa do Rei, Pena Parda e O Couto e as parroquias do Val, Sedes, Pedroso e San Xiao.

Así mesmo, subvencionaranse as obras de acometidas que estando rematadas dentro do prazo de solicitude das axudas da convocatoria do ano 2020 se atoparan pendentes de recibir a notificación da liquidación tributaria do importe das citadas obras, ó remate do prazo de convocatoria.

En canto ós destinatarios destas axudas, deben ser propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberían satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede de auga ou alcantarillado.

A través destas subvencións sufragarase en parte o custe das acometidas de abastecemento de auga e rede de sumidoiros na zona rural do Concello de Narón. As solicitudes poderán presentarse a través do modelo oficial do Concello xunto coa documentación correspondente na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello.

As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a Sede Electrónica do Concello, ou dirixirse ó Rexistro municipal ou ó Servizo Sociocomunitario, no primeiro andar do Consistorio

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …