As Pontes acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de vela Optimist

Entrega de premios no Campionato Galego de vela Optimist | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Esta fin de semana disputouse no lago de As Pontes o Campionato Galego de Vela por equipos na clase Optimist.

Participaron preto de 20 embarcacións resultando gañador o Club Naútico Marina Coruña, sendo segundo o tamén herculino Real Club Náutico Coruña e terceiro o Monte Real Club Yates de Baiona.

Ao final das regatas entregaron os diversos premios os concelleiros Chicho Tembrás e Ana Pena; Jose Guerreiro e Miguel Ferreiro, do Clube Fluvial de Vela; e Manuel Villaverde, da Federación Galega.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …