Espectáculo «Canta buguina, canta!» en Narón

A Biblioteca municipal de Narón, abrirá este martes, día 14 de xuño, ás 16.30 horas o prazo de inscrición na actividade “Canta, buguina, canta!”, que terá lugar este sábado, día 18, ás 11.00 horas nas citadas instalacións.

A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que se trata dun espectáculo da compañía Charlatana dirixido a bebés de entre 0 e 36 meses, que deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

Os participantes realizarán unha viaxe polo mar, soprando unha buguina e visitarán illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regarán herba, xogarán coa subida e a baixada da marea, cantarán e realizarán barcos de papeis para continuar viaxando lonxe.

A actividade, tal e como indicou Taibo, conta cunha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa “Ler conta moito”.

As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ó número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …