O BNG esixe a Mato que defenda os intereses económicos do Concello

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, esixiu esta mañá ao alcalde da cidade, Ángel Mato, que «defenda os intereses económicos dos veciños e veciñas de Ferrol e reclame a empresa Urbaser o pago das cantidades que debe ao Concello e polo tanto, tamén, de estar a incumprir un dos acordos alcanzados co BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2021.«

Lembra que Urbaser «ten pendente de indemnizar ao Concello de Ferrol con 317.931 €» polos beneficios que obtivo por explotar a concesión do servizo de recollida de lixo na cidade, no ano 2018, segundo constataron os dados da auditoría a que anualmente somete o Concello a esta empresa. Tal e como se recolle nos pregos de condicións que regulan os servizos que presta a empresa, o Concello ten dereito a percibir 2/3 do beneficio cando este supere o 8% de beneficio neto da empresa.

Afirmou que un dos eixos de carácter político do acordo para a aprobación dos orzamentos de 2021 «tiña que ver coa necesidade de incrementar os ingresos municipais e fiscalizar as grandes empresas que prestan os contratos máis cuantiosos que desenvolve o Concello de Ferrol debía servir para encamiñar unha actuación fiscalizadora dos servizos que se realizan no Concello e orientar a prestación destes servizos cara a xestión pública en función dos veciños e veciñas da cidade.«

Iván Rivas pediu que o goberno local que «cumpra os seus acordos e empece dunha vez a esixir as empresas privadas que prestan servizos municipais a cumprir coas súas obrigas económicas con este Concello. Urbaser, compensando polos seus beneficios, como o caso de EMAFESA que ten pendente de ingresar o cánon concesional dos anos 2017, 2018 e 2019, un importe que ascende a 3.760.377,98 €.«

O BNG considera que o goberno local «debe esixir o ingreso destas cantidade nas arcas municipais de xeito inmediato e dar cumprimento aos acordos alcanzados co BNG, ademais de informar ao BNG sobre o resultado da auditoría a Urbaser, pola recollida do lixo, do ano 2020, en mans xa do goberno local, e sobre o estado no que se atopa a do ano 2021.«

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …