O BNG pide ao Concello de Ferrol xestionar a contratación de electricidade directamente

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, propuxo esta mañá ao goberno local que inicie os trámites para que sexa o Concello de Ferrol directamente quen xestione a compra de enerxía eléctrica para o suministro das súas instalacións «co fin de reducir a factura o que redundaría en beneficio dos veciños e veciñas da cidade

Indicou que «é oportuno que por parte da administración local se comecen a adoptar decisións que axuden a reducir a factura eléctrica do Concello de Ferrol» entre as que sinalou a xestión directa por parte de persoal municipal de mercar a electricidade que consumimos, «un procedemento que cada día están a iniciar máis concellos no noso país e no conxunto do Estado.»

O BNG lembra que o contrato de subministro de enerxía eléctrica no Concello de Ferrol está caducado, finalizou no ano 2020, e se trata dun contrato que supón máis de 2 millóns de euros ao ano. Así mesmo, «resulta evidente e notorio que este gasto está a ter un incremento dos seus custos polo prezo ao que está hoxe en día a enerxía e polo feito de depender dun intermediario que é o que merca a enerxía no mercado eléctrico.«

Iván Rivas salientou que a alternativa «é este modelo de contratación eléctrica pasa por mercar de maneira directa no mercado maiorista a enerxía por parte da administración local, igual que fan outras cidades no Estado

Para o BNG isto implicaría ventaxas «como que se suprimen os custos derivados dos beneficios da comercializadora, que rondan sobre o 20%, que se xeraría emprego, pois habería que contratar ao persoal encargado de mercar esa enerxía en función dos consumos que precisarían as instalacións públicas do Concello de Ferrol. Esta sería a outra ventaxa, dado que constaríamos cunha cuantificación dos consumos que se producen no Concello e sobre os que poder actuar.«

O BNG considera que impulsar esta medida «é un proceso que non debemos deixar escapar e menos nun contexto actual no que carecemos de contrato, os prezos da enerxía estan disparados e no que as administracións deben traballar para reducir os custos que despois repercuten nos veciños e veciñas

Lea también

Un trabajador de jardines herido al recibir un balinazo en un brazo, en Caranza

Un trabajador del servicio de Parques y Jardines de Ferrol recibió el lunes a mediodía …