Unha unidade de ADOS chega a Narón o mércores e o xoves

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este mércores e o xoves, días 22 e 23 de xuño, nas inmediacións do novo centro de saúde.

O vehículo permanecerá operativo este mércores 22 en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 e o citado xoves durante todo o día, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

Requerimento a Urbaser por incumprimento do contrato en Narón

O Concello de Narón realizou a pasada semana un requerimento á empresa concesionaria do servizo …