Á venta os tickets para a sardiñada e churrascada na parroquia de San Xiao, Narón

A entidade veciñal “Ceibe” de San Xiao, porá este martes, día 21 de xuño, á venda os tickets para poder asistir á sardiñada e churrascada populares organizadas no entorno do Centro Cívico Social da parroquia para o vindeiro sábado, día 25.

O prezo do churrasco será de 10 euros para os socios da entidade e de 12 para o resto e o das sardiñas dun euro por dúas unidades, en ambos casos con viño, pan e café. Este martes, mércores e xoves, poderanse adquirir os tickets no local social de San Xiao, en horario de 18.30 a 20.30 e tamén se poderán adquirir o mesmo día 25 dende as 17.00 ata as 20.00 horas na zona do campo da festa de San Xiao.

O Concello de Narón colabora coa celebración a través do Padroado da Cultura, cun programa que inclúe a partir das 18.00 horas unha sesión de xogos populares dirixidos a persoas de todas as idades.

Así mesmo, haberá dous concertos a partir das 21.30, con música popular a cargo das formacións Lenda Ártabra e Treixadura. O apartado gastronómico da convocatoria dará comezo ás 21.00 horas, tal e como indicaron dende a organización.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …