Últimos días para inscribirse no campamento «Summer Camp Narón 2022»

O Concello mantén aberto o prazo ata o 4 de xullo para inscribirse no campamento “Summer Camp Narón 2022”, dirixido a menores nados entre 2005 e 2009.

O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, informou que aínda quedan algunhas vacantes, das vinte prazas habilitadas, e recordou que se trata dunha proposta de balde na que os menores realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura urbana e o deporte alternativo.

O “Summer Camp Narón 2022” levarase a cabo do 11 ó 16 de xullo na Casa da Mocidade, na Gándara, contemplándose tamén algunhas actividades nos concellos de Neda, Valdoviño e Viveiro (Lugo).

As actividades impartiranse en horario de mañá, de 10.00 a 14.00, se ben o día 15 está programada unha saída a Viveiro, ó parque de aventuras Rock Park, co que se ampliará o horario de 10.00 a 17.00 horas. Os rapaces participarán en diferentes obradoidos, de surf en Valdoviño, de DJ, danza urbana, tunaxe de roupa… e realizarán tamén unha ruta polo río Belelle, en Neda, etc.

As solicitudes poden presentarse ata o 4 de xullo ás 13.00 horas a través da Sede Electrónica de Narón, o Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica de Narón.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre este campamento poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1111).

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …