Ferrol promove unha nova edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

O Concello de Ferrol vai promover un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que terá lugar desde o xoves 30 de xuño ata o domingo 3 de xullo en diferentes espazos da cidade. A décima edición do festival, que reúne a contadores de historias chegados de diferentes lugares, incluirá numerosas actuacións de balde tanto para público infantil como familiar e para adultos.

O xoves, 30 de xuño, ás 19 horas, Carolina Rueda interpretará no patio da Biblioteca municipal da Praza de España ‘Contos cantados, cantos contados’ para nenos de entre 3 e 8 anos e ás 21 horas, para adultos, ‘O xogo das sombras’.

O venres, 1 de xullo, ás 19 horas, Virginia Imaz narrará tamén na Biblioteca para o público infantil ‘A miña casa’, e ás 21 horas, para adultos, ‘Mitoloxía vasca’. O sábado, 2 de xullo, ás 12.30 horas, o centro municipal Torrente Ballester acollerá para o público familiar ‘O Paroleiro’, de Pablo Pablísimo, e ás 21 horas José Luis Gutiérrez ‘Guti’ estará no castelo de San Felipe con ‘Historias do filandar’, para adultos. O domingo, 3 de xullo, ás 12.30 horas, Pakolas narrará na praza da Constitución para unpúblico infantil e familiar ‘Ramona Órbita, a dona do tempo’. Pode solicitarse información sobre as inscricións chamando á Biblioteca municipal.

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …