O BNG propón incluir no estudo sobre a práctica deportiva de Ferrol a saúde, o ocio e a práctica non federada

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «limitado» o estudo sobre a caracterización da práctica de exercicio físico do deporte na cidade que ven de iniciar o goberno local e propón que ao mesmo se incorporen outros sectores vinculados coa práctica socio-deportiva na cidade máis alá dos clubs deportivos existentes en Ferrol.

María do Mar López, concelleira do BNG, sinala que este estudo «non está pensado para o desenvolvemento dun proxecto deportivo en concreto na cidade senón para marcar liñas de actuación no ámbito deportivo coa necesidade que ten a cidade de solucionar o grave deterioro das súas instalacións deportivas, algo que todo o mundo percibe sen ter que recorrer a ningún estudo

Sinala que o BNG avoga porque a ese estudo «se incorporen outros sectores que polo xeral non están vinculados ao tecido asociativo deportivo e outros aspectos como a saúde ou mesmo o ocio

O BNG quere que ao mesmo se incorpore «como poden ser as mulleres, en relación a posibilidade de acceso a práctica deportiva tendo en conta a conciliación ou necesidade de espazos seguros

De igual xeito, «debe terse en conta as persoas con enfermidades mentais polo que supón o deporte como unha mellora da saúde e pola posibilidade de socialización. O ensino ou o deporte nas escolas, tamén a sanidade en relación a rehabilitación de enfermidades crónicas, idosos e idosas

Así mesmo, o BNG considera que o cronograma de desenvolvemento deste estudo, «tal e como o ten presentado o goberno local, ten previsto realizar novos encontros e reunións no período estival e vacacional onde a actividade dos clubes e escolas deportivas ou é nula ou se atopan en competicións polo país adiante.«

Lea también

Ferrol promueve cenas en lancha por la ría con música en directo

El Concello de Ferrol continúa impulsando diversas actividades de dinamización económica y social de la ciudad …

Un comentario

  1. Ya fueron convocados específicamente, la coordinadora de deportes del Concello insistió en el caracter abierto de la convocatoria.
    Las entidades no descansan en verano, no hay por lo general ánimo de lucro.
    Se trataron extremos relativos a la inseguridad de las mujeres para deportes al aire libre y las medidas para paliarlas.
    Hay que asistir a las reuniones antes de opinar sobre ellas, pero es lo que tiene estar ya de campaña electoral.