Celebración da III edición de «Noites á fresca» xunto á magnolia centenaria de Xuvia, Narón

A concelleira de Festas e Turismo, Natalia Hermida, presentou este mércores, día 22 de xuño, na magnolia de Xuvia o cartel da terceira edición da proposta “Noites á fresca”, impulsada dende o Concello de Narón e que se desenvolverá os días 8 e 9 de xullo.

Hermida destacou que “un ano máis recuperamos esta proposta baixo a magnolia centenaria de Xuvia, cun gran valor patrimonial, rexistrada no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, e que nos permitirá celebrar os dous concertos programados nun entorno único, na zona do Camiño Inglés a Compostela

O venres 8 de xullo actuarán Uxía & Sérgio Tannus, dous piares da música do país que traen a Narón un proxecto conxunto de gran calidade. A cita será ás 22.30 horas e durante este período o público terá a oportunidade de desfrutar da música galega da man de Uxía e á que se sumará o brasileiro Sérgio Tannus, artista virtuoso de varios instrumentos asentado dende hai décadas en Galicia.

A segunda xornada, o sábado 9, tamén ás 22.30 horas, terá lugar o concerto de Tachenko, un quinteto de Zaragoza que chega á cidade co seu último disco, “Las discotecas de la tarde”, publicado trala pandemia e cunha decena de temas. Con varios álbumes na súa dilatada traxectoria, a música pop segue sendo o seu sinal de identidade.

“En ambos casos a entrada é de balde, apostando por achegar a música á cidadanía en xeral cunha posta en escena moi coidada, tanto no aspecto da iluminación como no son, para poder aproveitar ó máximo estas dúas xornadas e a estes grandes artistas que participarán nesta edición” destacou Hermida.

Lea también

Axenda cultural de Narón do 7 ó 10 de xullo

Xoves 7 de xullo de 2022 Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: praza da …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *