A Biblioteca municipal de Narón, a da Gándara e Ludoteca abren en horario de verán

A Biblioteca municipal de Narón comezará a funcionar co horario de verán a partir deste xoves, día 23 de xuño, e ata o 7 de setembro.

As instalacións da sala de adultos abrirán as súas portas durante as mañás dos martes, mércores, xoves e venres de 9.00 a 14.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 21.00, tal e como apuntou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo.

No caso da sala infantil e a bebeteca, abrirán as mañás de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas.

Así mesmo, a edil indicou que os servizos de atención ó público que se prestan nas citadas instalacións préstamos, devolucións, consultas, altas de socios, renovación de carnés, etc. e a sala de informática deixarán de estar operativos quince minutos antes da hora de peche da Biblioteca, pechando ás 13.45 e ás 20.45 horas. Taibo recordou que para realizar devolucións fóra dese horario pódese usar a caixa que se atopa na porta principal da sala de adultos

No caso da Biblioteca da Gándara, ubicada na Casa da Mocidade, o horario de apertura dende mañá ata o 7 de setembro será os luns de 10.30 a 13.30 e o mércores e xoves de 18.00 a 21.00 horas, tal e como indicou.

Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina, con todas as prazas cubertas, o horario de verán será de 10.00 a 13.00 horas tamén a partir do citado xoves. Neste último caso, as persoas interesadas en contactar por se houbese vacantes poden contactar co centro chamando ó número de teléfono 981 389 284

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …