Andaina do programa “Ponte en ruta con nós” pola Ruta dos Muíños, Narón

Un total de 90 persoas inscirbíronse na andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” celebrada este domingo, día 26 de xuño. Os camiñantes saíron ás 9.30 horas das inmediacións do mosteiro do Couto para dirixirse pola marxe do río Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, un tramo duns once quilómetros pola “Ruta dos muíños” de gran valor patrimonial e medioambiental.

A andaina foi a teceira das programadas este ano dende o Concello de Narón, tras dous anos de pandemia, para retomar este exitoso programa, que ten en cada cita un gran éxito de participación. Os camiñantes tardaron unhas dúas horas e media en chegar a Pedroso, dende donde regresaron en autobús ó mosteiro do Couto para dar por rematada a xornada.

As dúas andainas anteriores tiveron lugar o 24 de abril, cun percorrido polo Camiño Inglés, o mosteiro do Couto, a zona da Picota e o parque do Couto duns doce quilómetros, e o pasado 29 de maio, cun percorrido duns doce quilómetros pola ruta da Costa Ártabra, nas inmediacións da Pena Molexa, a Pena Lopesa, o Campo do Avial e o Monte da Lagoa, entre outras zonas de gran valor paisaxístico.

O Concello retomará tralo verán o programa municipal “Ponte en ruta con nós”, dirixido a persoas maiores de 18 anos e pensado para fomentar a práctica do exercicio ó aire libre e evitar o sedentarismo.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …