O Campionato de España de Latinos celebrouse no pavillón da Gándara, Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o papel dos deportistas locais do Club de Baile Deportivo Narón (CBDN) e Un Paso Adelante (UPA) no Campionato de España de Latinos celebrado no pavillón polideportivo da Gándara

“Quero felicitalos polos resultados obtidos, froito de moito traballo pola súa parte, do que nos sentimos moi orgullosas e orgullosos dende o Concello de Narón, asegurou Ferreiro.

Na categoría Xuvenil quedaron no terceiro posto da clasificación Cristian Lorenzo e Claudia Rodríguez, se ben Raúl Rodríguez e Lucía Cascudo foron finalistas sub-21; José Rosende e María del Carmen Vázquez, sextos Sénior III; David López e Jéssica García, primeiros Sénior I e Carlos Casal e Marta Castaño quintos na categoría absoluta.

Unha vez máis Narón estivo moi ben representado nun campionato de gran nivel, donde puidemos desfrutar do baile deportivo na súa máxima expresión”, apuntou a rexedora local. Marián Ferreiro e o concelleiro de Deportes, José Oreona, presenciaron as competicións que se desenvoven dende o pasado venres de xeito simultáneo no pavillón da Gándara e no Pazo da Cultura.

Máis de 3.000 deportistas déronse cita nestas probas que incluíron o Grand Slam, unha das tres competicións que se celebran este ano a nivel mundial. O Concello de Narón organizou o evento coa Federación Española de Baile Deportivo, a World Dance Sport Federation (WDSF), o Dance Sport Team e o Club de Baile Deportivo Narón.

O domingo, día 26 de xuño, continuaron as competicións no pavillón polideportivo da Gándara, co Grand Slam Latinos e no Pazo da Cultura, donde tivo lugar o “XXI Trofeo Cidade de Narón”.

“A convocatoria destes eventos deportivos de máximo nivel supuxo tamén un gran revulsivo para a nosa cidade e resto da comarca, donde os sectores da hostelería, o comercio e o turismo rexistraron unha importante afluencia de persoas que viñeron a Narón a participar ou a desfrutar destas tres xornadas de baile deportivo”, asegurou Ferreiro.

A alcaldesa reiterou o seu agradecemento “a todas as entidades e persoas que fixeron posible a celebración destes eventos na cidade”.

 .

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …