O BNG de Narón insta ó goberno municipal que se faga responsable da estrada de Castela

O BNG de Narón a través dun comunicado afirma que «a Estrada de Castela é a rúa que vertebra a nosa cidade e é o nexo co concello veciño de Ferrol».

O Bng presenta unha moción para «o seu debate en pleno na que insta ó goberno municipal a solicitar á Xunta de Galiza a titularidade desta Estrada», «o concello ten que facerse responsábel dunha rúa que vertebra a nosa cidade e onde están o maior número de sucesos. Agora tiran balóns fóra e pagámolas os veciños de Narón. Ven un plan de mobilidade e o lóxico é que o concello pida a Estrada de Castela á Xunta para transformar a realidade de Narón, sen excusas» expresa Olaia Ledo, portavoz municipal.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …