Inaugurouse en Xuvia a sexta edición do programa “Verde que te quero verde”

A praza Irmáns Freire, en Xuvia, acolleu este domingo os dous primeiros espectáculos do programa municipal “Verde que te quero verde”. A banda musical Momboi e Magín Blanco protagonizaron as dúas primeiras propostas deste ano dunha iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón e dirixida a público familiar.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local naronesa achegáronse ata Xuvia para presenciar as actuacións musicais, que deron comezo ás 12.30 horas e con entrada de balde.
O público infantil desfrutou coa proposta de Magín Blanco, referente da música en Galicia, mentres que a banda musical Momboi interpretou varios temas pop e de ritmos latinos. Numeroso público acudiu a esta primeira convocatoria, que terá continuidade os vindeiros tres domingos deste mes de xullo noutros espazos verdes da cidade.

O vindeiro domingo, día 10, terá lugar na rúa 25 de Xullo, no Alto, a segunda xornada de “Verde que te quero verde”, nesa ocasión protagonizada pola formación Caldo, que presentará en Narón o seu novo disco, e Pitusa Semifusa, a proposta musical de Olga Brañas con ritmos nos que a acompañará a voz da naronesa Andrea Picos.

O programa continuará o 17 de xullo na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, coas actuacións da banda de Sabela King, que interpretará temas do seu novo proxecto de música familiar, Martiña Soñadora, e da galega Catuxa Salom, que achegará a música galega ao público que acuda á cita. A última proposta será o 24 de xullo na rúa Mariña Española, donde se poderá desfrutar do swing e o soul xamaicano de Xoubas e tamén do concerto de música infantil de Pablo Díaz.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …