Tino Seco será o cabeza de lista do BNG de Ares para as eleccións municipais 2023

A Asemblea Local do BNG de Ares deu aprobación á proposta de cabeza de lista para as eleccións municipais do vindeiro ano; na persoa de Faustino Seco Penedo, que na actualidade exerce como responsábel local do BNG de Ares. Unha proposta que agora deberá pasar–segundo o regulamento da organización para a conformación das candidaturas ás municipais- a ratificación por parte do Consello Comarcal e Nacional do BNG.

Seco é Catedrático de Educación Física de Ensino Secundario e Licenciado en Xeografía e Historia. Durante 28 anos estivo de profesor de Educación Física no IES Concepción Arenal de Ferrol, onde foi director e xefe de estudos durante 11 cursos académicos.Actualmente exerce como profesor de Educación Física e Xefe de Estudos de Secundaria no CPI As Mirandas de Ares.

Tino Seco manifestouse “moi ilusionado e, sobre todo, comprometido no traballo que nos agarda para os vindeiros meses; que vou desenvolver en estreita relación co actual grupo municipal e o conxunto da organización do BNG local; artellando propostas e alternativas que sitúen á organización como referente para un cambio de rumbo na política municipal que está demandando cada vez máis veciñanza de Ares”

Lea también

La memoria de la emigración de Ares, recompilada en tres edicións facsímiles

En estos últimos años, el número de obras íntimamente relacionadas con la divulgación de la …