A App “Camiñando polo Pontedeume Medieval” exemplo de integración de turismo e tecnoloxía

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade seleccionou ó Concello de Pontedeume para impartir un relatorio no III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, que se celebra dende este xoves 7 de xullo, en Cabo Verde.

Concretamente, a entidade escolleu o proxecto de realidade aumentada “Camiñando polo Pontedeume Medieval” impulsado polo goberno local, como un exemplo de turismo sostible e novastecnoloxías para o resto de municipios participantes no cume.

Pontedeume foi seleccionado para participar nesta cita, cuxo tema será o ‘Desenvolvemento local e localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, unha visión asentada no proceso de transición dixital dos territorios’.

Tamén asistirán á cita representantes gobernamentais de Cabo Verde, así como da Xunta de Galicia, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre outras institucións.

A concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, exporá o proxectoeumés na mesa titulada “Presentación de boas prácticas para considerar futuras colaboracións”, este venres 8 de xullo. A edil explicará esta iniciativa de inclusión dixital nas políticas de turismo sostible a través desta aplicación para móbiles.

“Pontedeume posiciónase así como un exemplo de boas prácticas na integración de novas tecnoloxías coa historia e o seu potencial na
concienciación sobre o coidado e conservación do patrimonio e a riqueza do territorio”, explica a concelleira eumesa.

A aplicación permite recrear con mesas interpretativas en distintos puntos da vila, o patrimonio arquitectónico eumés, podendo coñecer a súa evolucióndurante os sete séculos e medio de historia da vila. O proxecto achega ó usuario a escenas do Pontedeume medieval, da man de Margery Kempe, primeira peregrina do Camiño Inglés da que se ten constancia documental.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ó desenvolvemento.

Lea también

Cabanas acoge el Festival de Artes Inclusivas «DiversidArte»

El antiguo campo de fútbol del paseo de la Magdalena acoge este sábado, día 13 …