Festa infantil en Fene do ciclo “Xullo, mes da Patria”

O Concello de Fene continuará festexando o mes da Patria este venres, 8 de xullo, cunha festa infantil que se desenvolverá dende as 18.00 até as 21.00 horas na praza do alcalde Ramón José Souto
González.

Incluirá diversos xogos e atraccións coma o tiracoios xigante “Tira ó coronavirus”, batallas acuáticas e xincanas, festa da escuma con animación, festa “Holy” con pos de cores, taller de maquillaxe, inchables e camas elásticas. Serán, en definitiva, tres horas de animación e festa para os máis pequenos da casa.

Para o desenvolvemento desta xornada, o Concello de Fene lembra que non se poderá circular nin aparcar na avda. do Concello este venres a partir das 16.00 horas.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …