Propostas culturais en diferentes espazos públicos de Narón

Narón acollerá estes días, a partir deste xoves, día 7 de xullo, varias propostas culturais enfocadas ó público familiar e infantil, todas elas de balde e que se desenvolverán en espazos públicos de varios barrios.

A primeira das citas será o citadon xoves, co inicio do ciclo “Cine de Verán”, con proxeccións de películas infantís a partir das 22.30 horas. Na praza da Gándara poderase ver mañá o filme “Trolls 2: Xira mundial”, e na xornada do venres 8 será o turno da rúa Francisco Pizarro, na Solaina, donde se proxectará “Trasto”.

A música regresará de novo á cidade esta fin de semana da man do programa “Noites á fresca”. Unha tradicional cita cunha coidada posta en escena xunto á magnolia centenaria de Xuvia e que terá lugar o venres 8 e o sábado 9, a partir das 22.30 horas. A primeira das xornadas será a cargo de Uxía & Sérgio Tannus, o venres 8, donde se poderá desfrutar da música galega e tamén dos ritmos brasileiros a cargo destes dous grandes artistas.

Este sábado 9 será o turno, á mesma hora,  do quinteto zaragozano Tachenko, que presentará en Narón o seu último álbum, “Las discotecas de la tarde”.

A maiores, este domingo, día 10 de xullo, terá lugar a segunda das citas do programa municipal “Verde que te quero verde”, que continuará os días 17 e 24 de xullo.

A segunda das propostas será este domingo 10 de xullo na rúa 25 de xullo, no Alto, ás 12.30 horas. Nesta convocatoria presentarán tamén novo disco en Narón uns dos novos referentes da música de raíz, Caldo, cos seus enérxicos e divertidos directos. Estarán acompañados na parte infantil, de Pitusa Semifusa, o proxecto no que a música Olga Brañas fai que sexa moi divertido que os nenos aprendan conceptos e ritmos musicais e no que conta coa naronesa Andrea Picos como cantante.

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …