Axenda cultural de Narón do 7 ó 10 de xullo

Xoves 7 de xullo de 2022

Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: praza da Gándara

A Praza da Gándara acollerá a primeira das sesións, de balde, do programa municipal “Cine de Verán”, dirixido a público familiar e infantil. Proxectarase o filme “Trolls 2: Xira mundial”. O Concello organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa Deputación da Coruña.

Venres 8 de xullo de 2022

Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: rúa Francisco Pizarro (A Solaina)

A segunda das películas do ciclo “Cine de Verán” organizado dende o Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña, será “Trasto”, con entrada de balde.

Actividade: “Noites á fresca” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións da magnolia centenaria de Xuvia (Paseo marítimo de Xuvia)

“Uxía & Sérgio Tannus” protagonizarán o primeiro dos concertos do programa “Noites á fresca”, impulsado polo Concello. A música galega e os ritmos brasileiros uniranse neste espectáculo cunha posta en escena moi coidada, en iluminación e son, xunto á magnolia centenaria de Xuvia. A entrada é de balde.

Sábado 9 de xullo de 2022

Actividade: “Noites á fresca” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións da magnolia centenaria de Xuvia (Paseo marítimo de Xuvia)

O quinteto zaragozano “Tachenko” actuará na segunda xornada de “Noites á fresca”, donde presentará o seu último disco, “Las discotecas de la tarde”. 

Domingo 10 de xullo de 2022

Actividade: “Verde que te quero verde” Hora: 12.30 Lugar: rúa 25 de Xullo (O Alto)

Os divertidos directos da formación musical “Caldo” e “Pitusa Semifusa”, o proxecto de Olga Brañas, protagonizarán a segunda sesión doprograma municipal “Verde que te quero verde”. A entrada é de balde.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …