O Concello de Narón impulsa unha nova campaña de promoción do pemento do Couto

O Concello de Narón impulsará unha nova campaña de promoción do pemento do Couto dirixida ó sector hostaleiro local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que avanzou que os establecementos interesados en adherirse poden facelo ata este domingo, día 10 de xullo.

Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es indicando o nome do establecemento, o nome e apelidos do seu responsable, o seu DNI e un teléfono de contacto.

O edil naronés avanzou que a campaña se desenvolverá nun total de quince establecementos de hostalería da cidade entre o 18 e o 29 de xullo, ambos incluídos. As persoas que participen optarán ao sorteo de varios agasallos e o Concello será o encargado de entregar, de balde, aos establecementos o pemento co que realizar as tapas desta campaña, que servirán á clientela no período indicado coa receita que consideren oportuna en cada caso.

“Queremos exaltar un ano máis a excelente calidade do pemento do Couto, un produto que conta dende hai anos con Indicación Xeográfica Protexida, que está na mellor tempada e cuxas características son de sobra coñecidas dentro e fóra de Narón”, asegurou Pita, que animou ao sector hostaleiro a sumarse a esta campaña.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …