Nova edición do Mercado Medieval de Narón

O parque de Freixeiro de Narón acollerá a vindeira semana, do 14 ó 17 de xullo, incluídos, unha nova edición do Mercado Medieval de Narón. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou este xoves,día 7 dexullo, o evento, que contará cun centenar de postos de venda de produtos artesáns, gastronómicos, textis… e tamén gastronómicos. Así mesmo, tal e como avanzou, dende a tarde do día 14 desenvolverase na zona un variado programa de actividades.

O Mercado Medieval abrirá as súas portas o vindeiro xoves ás 18.00 horas e media hora máis tarde abrirán o poboado de oficios e o recuncho infantil, con varios xogos de mesa para os nenos.

Na xornada do venres 15 reabrirán pola mañá, ás 11.00 horas os diferentes postos e ás 11.30 o recuncho infantil e o poboado de oficios. Ó longo da mañá o trasgo Froilán amenizará a visita ós nenos e ó mediodía, ás 14.00 horas, poderase visitar a zona de degustación e probar os manxares que se prepararán na zona.

Tralo descanso, ás 18.00 horas reabrirán os postos e media hora máis tarde o recuncho infantil e o poboado de oficios e ás 19.00 horas terá lugar o gran pasarrúas de inauguración, no que participarán todas as compañías, músicos, personaxes fantásticos, acróbatas e outros personaxes que durante a fin de semana estarán no Mercado Medieval.

A Música de Treefolk, o Rataurante con receitas ancestrais que repartirán os compañeiros de Tartaruga Teatro e os personaxes fantásticos de Human No Limits forman parte das propostas do venres, que rematará tralo espectacular pasarrúas de peche previsto para as 23.00 horas con Malverok o gran dragón, pirotecnia, fume, lume e a música das gaitas e tambores de Treefolk.

O sábado continuará o Mercado Medieval e reabrirá o poboado de oficios ás 11.00 e ás 11.30 horas o recuncho infantil. Pola mañá poderase escoitar de novo a música de Treefolk, observar os trucos de Froilán, ver a numerosos personaxes fantásticos e presenciar a representación “O carro dos matasáns”, de Tartaruga Teatro e outro aéreo de circo con Human No Limits.

Os postos gastronómicos reabrirán ao mediodía e pola tarde poderase visitar o Mercado Medieval a partir das 18.00 horas. As receitas para estómagos valentes do Rataurante, con Tartaruga Teatro, a música de Treefolk, a visita do peregrino perdido, Gandulf… forman parte das propostas da programación, que rematará tralo gran pasarrúas previsto sobre as 23.15 horas co Gran Dragón, un espectáculo aéreo, pirotecnia e acrobacias.

A última xornada do Mercado Medieval será o domingo 17, coa reapertura a partir das 11.00 horas. A música, a visita de personaxes fantásticos, representacións teatrais, circo aéreo, pasarrúas… sucederanse ao longo da mañá, para realizar un descanso para a Hora do bo xantar ás 14.30 horas e regresar a actividade ó parque de Freixeiro a partir das 18.00 horas.

Pola tarde volverá a actividade ao Rataurante, a música de Treefolk, a visita de personaxes fantásticos e do peregrino perdido…sucederanse ata as 22.00 horas, cando dará comezo o último gran pasarrúas desta edición, con Malverok o Gran Dragón, Treefolk, Tartaruga Teatro e Human no Limits, rematando con lume, acrobacias e pirotecnia.

A maiores, as nenas e nenos poderán subirse a atraccións infantís, como unha noria, unha torre medieval e un carrusel que se instalarán no parque de Freixeiro. Así mesmo, poderán aprender da man de Regino, o mestre seteiro, a nobre arte da arquería e asistir a charlas de mestres artesáns dirixidas a públicos de todas as idades, con demostracións e interacións.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …