A Biblioteca municipal de Narón acolle a exposición “Recordos do mundo”, da artista Elena Macía

A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal de Narón  acolle dende este luns, día 11 de xullo, e ata o vindeiro 29 de xullo, a mostra de pintura “Recordos do mundo”, con obras da artista naronesa Elena Macía Castro.

A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que que a exposición está composta de catorce pinturas, a maior parte acrílicos e coa paisaxe como temática predominante.

Macía iniciouse no mundo da arte dun xeito autodidacta hai máis de trinta anos e durante a súa traxectoria impartiu clases de iniciación á pintura a nenos de familias vulnerables. Algunhas das súas obras formaron xa parte de mostras colectivas noutras instalacións municipais, como os centros cívicos sociais de Piñeiros e San Xiao e tamén no de San Vicente, en Meirás (Valdoviño) ou en espazos tanto públicos como privados de Mallorca.

A exposición poderase ver os luns e mércores en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, e de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas, tal e como apuntou a edil naronesa, que animou á veciñanza a acudir á mesma para coñecer o traballo da artista naronesa

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …