Mugardos/ Entrevista coa edil que deixa o grupo municipal do BNG.»Houbo desencontros importantes no seo do grupo»

Mónica Fernández Linares, a edil pertencente ata o pasado martes ao grupo municipal do BNG en Mugardos e que presentou a súa baixa no grupo pasando como non adscrita tivo a ben responder ás preguntas de Galicia Ártabra Digital, pasados uns días supoñemos de «descanso e reflexión».
Mónica é unha moza nacionalista «entregada á causa» e que tomou a dolorosa decisión de apartarse do grupo do BNG non por estar descontenta do seu labor senón porque non podía, segundo ela, levala a cabo con toda normalidade pola postura do alcalde Xosé Fernández Barcia

Houbo desencontros importantes

-M.-Bueno, xa teño un pouquiño máis de tempo, comento as causas da miña decisión.

Como puidechedes ver nos medios de comunicación estos días, o problema principal é que eu era a Concelleira do área de servizos sociais, e non estaba a poder desenrrolar o meu traballo nas condicións que eu penso que deberían facerse.

Houbo desencontros importantes no seo do grupo de goberno, que veñen de lonxe. Como xa puidechedes ver tamén, non son a primeira Concelleira que marcha do grupo municipal do BNG, dende que este goberna no Concello de Mugardos, e non só en Servicios Sociais.

Non con EU

GAD.-Pero esos desencontros …¿incluso políticos?

-M.-Efectivamente, no seu momento, eu negueime a levar adiante unha negociación co grupo municipal de EU. Creo que o dano que ese grupo lle fixo ao BNG, tanto ás persoas que o conforman, como á agrupación política, con denuncias e acusacións, dende o meu punto de vista, o impedía.

Críticas do alcalde

-GAD.-Sabes que o alcalde…

-M.-Obviamente, e sobre as declaración do Alcalde ao respecto das críticas, asegúroche que non teño problema ningún en asumilas. Cando un ten a responsabilidade de gobernar, sabe que no exercicio democrático do seu labor, vai recibir críticas xa non só dos veciños e veciñas, senón tamén da propia oposición. Nunca tiven ningún tipo de desencontro por ese motivo.

Creo que fun unha Concelleira especialmente aberta nese sentido. Á hora de convocar as miñas comisión procurei preguntar á oposición se había algún punto que quixeran que se incluirá na orde do día, ou algunha información que quixeran solicitar. Sempre tentei respostar na medida do posible ás consultas, rogos ou preguntas da oposición, tanto en comisión como en Pleno.

En resumo, teño o convencemento de que a transparencia é un pilar fundamental na acción do goberno, e máis nun tema tan sensible como os servicios sociais. Loxicamente, esa transparencia conleva saber asumir as críticas, que as hai, porque todos cometemos erros, e son unha ferramenta máis de mellora na xestión.

De tódolos xeitos eu non esperaba que esto saira nos medios neste momento. Non creo que sexa o mellor para o BNG. Estamos ás portas dun proceso electoral moi importante, e penso que o que hai que trasladarlle á cidadanía son solucións aos seus problemas e non liortas internas, que non fan máis de desviar o foco de atención.

Espero ter aclarado máis ou menos á miña decisión.

-GAD.-E rematamos a pequeña conversa pero con una pequeña “nota “ por parte de Mónica ,”Repíto que polo ben da organización e das auténticas preocupacións dos veciños e veciñas, non penso que este sexa o momento de azuzar máis este tema.”.

E ahí queda, una persoa con ganas de traballar, agora curiosamente un fiel da balanza na corporación municipal

Lea también

«Apoyar la promoción económica supone mejorar el empleo y la economía de Narón» (David Pita,tte. alcalde concello naronés)

David Pita Breijo es el edil responsable de Promoción Económica en el concello de Narón. …