Apertura do Mercado Medieval de Narón este xoves, no parque de Freixeiro

O Mercado Medieval  de Narón abre este xoves, día 14 de xullo, ás 19.00 horas no parque de Freixeiro. Un centenar de postos permanecerán instalados na zona, onde ó longo da fin de semana se sucederán varios espectáculos en horario de mañá e tarde.

O Concello organiza un ano máis esta iniciativa a través da concellería de Feiras, presidida polo edil Santiago Galego, e que inclúe no seu programa outras propostas para estes días, como o poboado de oficios, un recuncho infantil, atraccións infantís, noria medieval e carrusel, charlas de artesáns…

Na xornada deste venres, día 15 de xuño, os postos reabrirán ás 11.00 horas e ás 11.30 o recuncho infantil e o poboado de oficios antigos. O trasgo Froilán amenizará o percorrido pola zona dende as 12.30 horas e a partir das 14.00 xa se poderá visitar a zona de degustación e gozar dos manxares que se servirán á clientela.

Pola tarde o Mercado volverá a estar operativo a partir das 19.00 horas e media hora máis tarde o recuncho infantil e o poboado de oficios para, ás 20.00 horas, levar a cabo o Gran pasarrúas de inauguración coa participación de todas as compañías, músicos, personaxes fantásticos… Ás 21.15 horas regresará a música da man de Treefolk e tamén terá lugar o espectáculo de Luisete, abrirá as súas portas o “Rataurante” e poderanse ver personaxes míticos, un particular peregrino e a actuación de Tartaruga Teatro.

Ás 00.00 horas programouse o pasarrúas de peche con Malverok o Gran Dragón, e un espectáculo de pirotecnia, lume, fume… no que tamén actuará a formación Treefolk.

A programación ó completo dos catro días nos que se poderá visitar o Mercado Medieval de Narón, ó que dende o Concello animan a acudir, pódese consultar a través da web: www.naron.es.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …