O BNG propón melloras nas bases das subvencións as entidades veciñais de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defendeu este luns na comisión de Participación cidadá «a necesidade de mellorar as bases reguladoras» para a concesión de subvencións as entidades veciñais da cidade «co obxecto de acadar unha maior equidade e transparencia na concesión das mesmas.«

Maria López, concelleira do BNG, lembrou que a súa formación presentou a finais da semana ao goberno local varias propostas para modificar e mellorar estas bases, «co obxecto de que as entidades veciñais vexan atendidas as súas necesidades

O BNG lembra que estas subvecións «son unha das escasas liñas de subvencións que existen de concorrencia competitiva no Concello, onde se respecta a equidade e non son unha valoración subxectiva nin onde non se necesite unha xustificación especifica para facelo e non o simple feito de xa tela recibido con anterioridade.«

María López explicou que as aportacións do BNG van no senso «de buscar unha maior equidade no reparto dos 100.000 € que o Concello adica a estas subvencións«. Indicou que as subvencións dividense en dúas liñas, «unha liña 1 para actividades e outra liña 2 para mantemento, estando esta última supeditada a ter que participar da liña 1» polo que o BNG propuxo que se puidera solicitar subvencións para calquera das liñas independientemente sen estar supeditadas unha a outra.

O BNG sinala que existen entidades veciñais que carecen dun espazo onde poder desenvolver actividades «o que as excluiría de poder optar a calquera subvención municipal«. O BNG entende que de permanecer as bases inalterábeis «pode haber algunha entidade veciñal que siga a ter que por do seu peto calquer gasto que vaia non senso de facer comunidade e entablar relacións entre dita vecindade.«

Outra achega que fai o BNG é a «reivindicación histórica dalgunha entidade que ten un local en aluguer e o pago dese aluguer faise como un mantemento normal, como a adquisición de xel hidroalcolico ou a merca de papel e como tal só se subvenciona o 80% dese aluguer e non se pode adicar a outros mantementos, polo que entendemos que pode haber unha discrfiminación destas fronte a outras entidades que dispoñen dun local municipal e onde o Concello xa corre cos gastos de mantemento como a limpeza, por exemplo

Así mesmo o BNG considera preciso reverter un dos criterios de valoración, fixado sobre o número de socios, «propoñendo que se lle teña máis peso na valoración ao aceso da veciñanza aos servicios e actividades municipais, para que se poidan igualar as diferencias xeográficas entre a zona rural e a urbana.«

O BNG lembra que o goberno local «pactou e aprobou, co apoio do PP, unhas subvencións nominativas de 1’5 millóns de euros que mesmo contaban cun reparo negativo da intervención municipal e que superan con moitisima diferencia a partida económica destas subvencións veciñais«, polo que lle pide ao goberno local «vontade política para aceptar as propostas do BNG e que non busque escusas xa que se quere pode levalas adiante.«

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …