Axenda en Narón do 21 ó 24 de xullo de 2022

Xoves 21 de xullo de 2022

Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social do Val

O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “Goomer”. A entrada é de balde.

Venres 22 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón” Hora: A partir das 16.30 horas  Lugar: Pavillón Campo da Serra

Unhas 250 persoas da comarca e doutras comunidades participarán neste evento organizado polo Concello coa Asociación Cultural Impact e a Asociación Mesa Cuadrada. Ó longo da tarde desenvolveranse varios torneos, Legacy e Modern, e obradoiros de Hama Beads. 

Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social de Sedes

O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “O Mago Dubidoso”. A entrada é de balde.

Sábado 23 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón” Hora: Dende as 10.00 e ó longo de todo o día Lugar: Pavillón Campo da Serra

Ó longo do día desenvolveranse varias propostas incluídas no programa do evento, como o Torneo Impact Returns Legacy, obradoiros de Hama Beads, o Torneo Blood Bowl… e haberá unha exposición de Retrogalaicos, con elementos de ocio electrónico retro. 

Domingo 24 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón” Hora: Dende as 10.00 e ó longo de todo o día Lugar: Pavillón Campo da Serra

Ó longo do día desenvolveranse varias propostas incluídas no programa do evento, como o Torneo Impact Returns Modern, obradoiros de Hama Beads, partidas de exhibición de Star Wars… e haberá unha exposición de Retrogalaicos, con elementos de ocio electrónico retro.

Actividade: “Verde que te quero verde” Hora: 12.30 Lugar: Rúa Mariña Española

A programación deseñada para o “Verde que te quero verde” dende o Padroado da Cultura remata este domingo, xornada na que se poderán ver as actuacións de Xoubas e Pablo Díaz. A entrada é de balde.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …