Propostas culturais do Pazo da Cultura de Narón para o último cuadrimestre do ano

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que o vindeiro 29 deste mes se porán á venda ó público xeral as entradas para os novos espectáculos que se sucederán no último cuadrimestre deste ano no Pazo da Cultura.

A programación, indicou, retomarase o 25 de setembro ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo, cunha peza de danza dirixida a público familiar e infantil, “Catro”, de Caramuxo Teatro. A segunda das compañías en actuar no Pazo en setembro será Contraproducións SL, que o venres 30 e o sábado 1 de outubro, 20.30 e 20.00 horas respectivamente, representará a a obra “Cigarreiras” cun texto de Emilia Pardo Bazán (“La Tribuna”) adaptado e dirixido por Cándido Pazó

O público infantil será tamén o destinatario doutra das primeiras propostas do mes de outubro, o día 2, 18.00 horas no Café Teatro, con “Golulá”, de Galitoon, un espectáculo con monicreques de gran formato.

A vindeira fin de semana haberá tres novas propostas: o día 7, 20.30 horas, terá lugar a primeira, “El alma de Valle Inclán”, protagonizada por Rafael Álvarez “El Brujo”; o 8, 20.00, será o concerto de Sondeseu “XX Aniversario da Orquestra folk Sondeseu en acústico” a cargo dunha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, e o día 9, 17.30 horas, poderase ver o musical tributo “El Rey León, de Simba a Kiara”, de Onbeat, cunha espectacular posta en escena e coreografías moi atractivas.

O teatro regresará o 15 de outubro, 20.00 horas, con Pentación SA, que traerá a Narón “Una noche con ella”, protagonizada pola actriz española Loles León, que realizará unha viaxe pola súa vida.

O domingo 16, 18.00 horas, terá lugar unha nova proposta para público infantil, “Ninja”, de Ghazafelhos, obra coa que Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho abordan o tema do acoso nas escolas a través dunha historia cargada de reflexións.

A programación no Pazo continuará o 22 de outubro, 20.00 horas, coa comedia “Os amos do mundo”, protagonizada por Pedro Picos e Xosé Bonome e a cargo da compañía Bucanero Teatro. As dúas últimas propostas de outubro serán os días 29, 20.00 horas,  e 30, 18.00, co monólogo “Oceanía”, de Carlos Hipólito e o espectáculo musical “Al calor del cancionero”, de Teatro de Malta, para poñer en valor o cancioneiro.

En novembro o día 5 , 20.00 horas,  poderase ver no Pazo o sainete cómico-lírico “Villa y Marte”, de Ron La La Teatro, unha reinvención do “xénero chico” con humor, música en directo, teatro e chotis.

O día 11 estará no Pazo, 20.30 horas, o artista “El Sevilla”, co monólogo “El Sevilla: La vida es rocanrol”, de Tertulia Producción e esa mesma fin de semana o sábado 12 poderase ver a obra de teatro “O porco de pé” 20.00,  de Producións Teatrais Excéntricas e o domingo 13, 18.00, haberá teatro de monicreques con Títeres Cachirulo, que traerá a Narón “Lao Lao e o dragón de xeo”.

Así mesmo, o 19 ás 20.00 horas poderase asistir ó concerto de Martins Aneiros Band e a programación de novembro rematará o día 27, 18.00 horas, cunha peza para público infantil, de Teloncillo Teatro, “Coser y cantar”.

Finalmente, no mes de decembro programouse o tradicional concerto de música góspel, nesta ocasión “The Harlem Gospel Choir”, da compañía The Project, o día 15, 20.30 horas, e tamén o espectáculo de circo “Galtük, un sueño de Navidad”, de La Fiesta Escénica.

Este show poderá verse os días 16, 19.00, o 17, 17.00 e 19.00, e o 18, 12.30 e 18.00 horas. A maiores, o 28 de decembro, 17.00, terá lugar o musical “La gran aventura de los Reyes Magos”, de Vol Music Events SL e o venres 30, 20.30 horas, pechará a programación do ano o concerto de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre “As catedrais silenciadas”.

Ferreiro animou á cidadanía a desfrutar do completo programa de espectáculos deseñados para os últimos meses do ano no Pazo, “con propostas moi interesantes para persoas de todas as idades e destacou a presenza de compañías galegas, que están realizando tamén un excelente traballo no eido cultural”.

Lea también

El Museo de la Construccion Naval ofrece una programación especial durante las fiestas de Ferrol

El Museo de la Construcción Naval ofrecerá, con motivo de las fiestas de Ferrol, una …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *