A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre «Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán”.

O tema a abordar este venres, día 29 de xullo, a partir das 12.30 horas, será a “A factura da luz”, segundo avanzaron dende a organización. A pasada semana, tal e como indicaron, quedaron dúbidas e preguntas pendentes, polo que se retomará esta charla, na que se fará unha exposición sobre os dereitos que temos nos meses estivais e se respostará ás preguntas que se formulen.

As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …