Plan especial de tráfico con motivo da celebración do Trishark Narón 2022

O Concello de Narón habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 30, da quinta edición do Trishark Narón.

Este evento reunirá na cidade a uns 400 deportistas, e tamén persoas afeccionadas ó triatlón, que competirán na enseada da Gándara e na zona do paseo de Xuvia e inmediacións.

O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ó tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 17.15 e as 20.15 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento coas máximas garantías de seguridade.

Os vehículos que a esa hora teñan que transitar pola zona desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara ós tramos abertos da estrada de Castela. Así mesmo, dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo, o Camiño das Agras.

Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas. Romero solicitou de antemán desculpas polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para poder desenvolver este evento deportivo.

Lea también

Narón acollerá ‘Entreterras’, o novo directo de SonDeSeu

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, …