Axenda en Narón do 4 ó 7 de agosto de 2022

Xoves 4 de agosto de 2022

Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: Praza do Colexio de Xuvia

O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “Os Croods 2: Unha nova Era”. A entrada é de balde.

Venres 5 de agosto de 2022

Actividade: “Gulliver Fest” Hora: Apertura do festival ás 16.00 Lugar: Área recreativa de Pedroso

O Concello de Narón e a Asociación FurgoGalicia organizan este festival da cultura viaxeira, que este ano alcanza a súa terceira edición. Máis de 250 autocaravanas están inscritas neste evento, que inclúe un completo programa de actividades e concertos para persoas de todas as idades. A información ó completo pódese consultar a través da web: www.gulliverfest.es

Sábado 6 de agosto de 2022

Actividade: “Gulliver Fest” Hora: De 9.00 a 23.00 Lugar: Área recreativa de Pedroso

Domingo 7 de agosto de 2022

Actividade: “Gulliver Fest” Hora: De 9.30 a 17.00 Lugar: Área recreativa de Pedroso

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …