Urbanización dun novo vial entre a rúa Celso Emilio Ferreiro e a avenida Cataluña, Narón

O Concello de Narón destina unha partida de 254.883 euros ó proxecto que permitirá urbanizar o vial de nova apertura entre a rúa Celso Emilio Ferreiro e a avenida de Cataluña.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que se trata dunha intervención “moi necesaria e que mellorará considerablemente a interconexión desa zona da cidade, cunha elevada densidade de tráfico que gañará en fluidez coa apertura do novo vial”.

Dende o goberno local realizáronse os trámites oportunos para poñer a disposición os terreos necesarios para acometer os traballos contemplados neste proxecto, para cuxa execución tamén será preciso demoler unha vivenda ubicada no tramo.

Ós movementos de terras e pavimentación da calzada súmanse actuacións como a pavimentación das novas beirarrúas e a instalación de servizos, saneamento, abastecemento, electricidade, telecomunicacións…, así como a de gas e rego e a sinalización horizontal e vertical

O vial terá un ancho total de 12 metros, incluídas as beirarrúas,  e unha lonxitude de 56 metros, cunha dirección en sentido de circulación dende a Celso Emilio Ferreiro cara á avenida Cataluña.

Na zona verde ubicada que se habilitará plantaranse varias especies arbóreas, habilitarase un área de céspede e colocaranse baldosas de formigón hidráulico coloreado e revestimento coloreado, así como baldosas de formigón táctil coloreadas.

Así mesmo, dotarase esta área de mobiliario urbán, concretamente bancos e papeleiras.

“Continuamos humanizando os barrios da nosa cidade e esta é unha intervención nese ámbito, que permitirá habilitar no novo vial unha plataforma única e cun espazo verde e outro peonil que enlazará a nova rúa coa que se atopa perpendicular”, destacou Ferreiro, que avanzou que “seguiremos avanzando nesa liña con este proxecto e o xa iniciado na avenida da Solaina”

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …