Narón acolle a “X Festa gastronómica do Porco ó espeto”

O Concello de Narón e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso, organizan a décima edición da festa gastronómica do Porco ó espeto.

A cita será o vindeiro sábado, día 20 de agosto baixo unha carpa que se instalará na pista polideportiva e dará comezo ás 21.00 horas, tal e como anunciou a concelleira de Festas, Natalia Hermida, que presentou o evento xunto con Flor Felgar, presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”.

Os comensais poderán cear porco ao espeto ou churrasco, acompañado por pan e patacas, bebidas, café e queimada a prezos populares. Os tickets poden adquirirse, ata o día 18 de agosto, no local social da Pombiña ata esgotar os existentes, ó tratarse de aforo limitado. Os horarios para recollida de tickets serán de luns a venres a partir das 18.00 horas, e sábado, domingo e festivo a partir das 12.00 horas.

Na xornada de celebración, ás 8.00 horas comezarán a cociñar en Pedroso o porco ó espeto, para que estea listo á hora da cea e o churrasco farase pola tarde. A xornada estará amenizada con música en directo “En Clave de Ti” e dende a organización convidaron á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita gastronómica e festiva, xa consolidada na parroquia de Pedroso.

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, agradeceu dende o concello “a labor dos veciños que participan na elaboración e organización deste evento gastronómico”.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …