Recepción ó naronés Tony Prego, 3° clasificado en Custom Bike no 29º Bike Show Internacional de Faro

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu no Concello ó naronés Tony Prego, tricampeón de España en diferentes categorías relacionadas co mundo do motociclismo e recentementente terceiro clasificado en Custom Bike no 29º Bike Show Internacional celebrado en Faro, Portugal.

Un extenso palmarés de recoñecementos deportivos en diversos campionatos nacionais e internacionais enmarcan así mesmo unha traxectoria profesional como emprendedor que desenvolve dende hai anos en Xuvia, Narón, coa posta en marcha de “Fantasy Bikes”, o único taller de España no que se realizan todas as especialidades necesarias para construir unha motocicleta personalizada dentro dun mesmo establecemento, controlando todos os procesos de fabricación e calidade de cada compoñente.

Pintura, soldaduras MIg, Mag, Tig, mecánica, carrocería, mecanizados a máquina, pulidos, electricidad, molding en fibra de vidro, diseño e homologacións, son algunhas das actividades que desenvolve, e cun obxectivo importante como é potenciar este sector estando presente nos eventos máis importantes do país e campionatos de constructores, así como Bike Shows internacionais, dado que a demanda de motocicletas persoalizadas e de fabricación única é cada vez maior a nivel nacional e europeo.

A alcaldesa asegurou que “é un orgullo que naroneses leven o nome de Narón en todas as competicións nas que participan e ademáis, como neste caso, cunha meritoria traxectoria como emprendedor nun sector específico do mundo do motociclismo que require un alto grado de profesionalidade e creatividade, para o que lle desexamos moitos éxitos tanto deportivos como profesionais”

Lea también

Prazo de inscrición aberto no «Forum Galicia Invests» organizado polo Concello de Narón

O Concello de Narón organiza unha nova edición dun evento de investimento privado na zona …