As Pontes acolleu o Campionato de España de Minivelocidade

Foto de familia dos pilotos que se subiron ao podio en As Pontes | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Esta fin de semana tivo lugar no circuito de Karts de As Pontes a última proba da Copa de España de Minivelocidade.

Máis de 100 rapaces chegados dende toda a xeografía española, entre eles o neno pontés Fran da Silva, competiron en seis categorías, nos entrenos levados a cabo o venres, e nas diversas carreiras nesta mañá de domingo.

Sorprendentemente puidose ver polo circuito ao gran Patxi Peula, o vasco dúas veces Campión do Mundo, e sete veces Campión de Europa, de Patinaxe de Velocidade.

En Minimotos 4.2 Grupo B gañaron as dúas carreiras Eduardo Saavedra e Martín Portela, e en Grupo A, Marcos Vinagre e Samuel Jiménez.

En Moto 5 gañaron Robin Siegert e Marco Holt, e en Mini GP 110 4T, Antonio López e Eneko Osorio.

En Minimotos Eléctricas Unai Vizuete gañou as dúas mangas, mentres que en Mini Gp Spain Series foi Edgar Silven quen tamén se levou as dúas roldas, o mesmo que en Cuna Mini GP 110 4T, Víctor Cubeles.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …