Programa municipal “Actívate” en Narón

O programa municipal “Actívate” diríxese a personas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padezan algunha enfermidade crónica e queiran facer exercicio adaptado para axudar ó seu corpo a levar mellor os procesos da enfermidade.

Outros obxectivos do programa son compartir e relacionarse a nivel social, traballar as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional. Trátase dunha abordaxe bio-psico-social que leve ás persoas a acadar un maior benestar en todos os ámbitos.

O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia, cun número total de 20 prazas, divididas en dous grupos. Horarios grupo I: luns de 10.00 a 11.30 horas e venres de 10.00 a 11.30 horas. Horarios grupo II: martes de 16.00 a 17.30 horas e venres de 16.00 a 17.30 horas.

As solicitudes poderán realizarse a través da Sede Electrónica, no Rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos art. 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o dia 1 de setembro ás 8.30 horas ata o día 15 de decembro ás 13.30 horas.

As persoas interesadas en máis información poderán dirixirse ó Servizo Sociocomunitario do Concello, ou chamendo ó teléfono 981337700 (extensións 1115 / 1108 / 1109)

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …