Obradoiro do Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural en Narón

O Concello de Narón frece un ano máis a través da Deputación da Coruña o obradoiro do proxecto “Cuidadanas” enmarcado no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres.

As mulleres interesadas en inscribirse nesta iniciativa poden anotarse e informarse a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109). A iniciativa aposta por mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, polo que se dirixe a mulleres que de xeito non profesional coiden ou coidasen a persoas en situación de dependencia.

A través das áreas de Benestar Social, presidida por Catalina García, e Igualdade, dirixida por Mar Gómez, que presentaron este xoves, día 25 de agosto, a iniciativa, recordouse que se trata dunha convocatoria de balde e que é preciso para que se imparta cubrir alomenos oito prazas, tendo preferencia persoas de Narón.

O curso desenvolverase os xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro dende as 10.30 ata as 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa Illa San Vicente, 1). Saúde e autocoidado, “Quen coida de min”; Xestión do tempo, “O teu tempo, o teu lecer”; Escoita activa, “Se me escoito, escóitote”; Dixitalizadas, “Manexando o móbil” e Prevención do acoso na rúa son os temas que se abordarán nesta convocatoria.

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …