Axudas financieiras de emerxencia para comedor e material escolar en Narón

O Concello de Narón abriu este martes, día 6 de setembro, o prazo de solicitude de axudas financieiras de emerxencia para comedor e material escolar.

As de comedor teñen como obxecto sufragar os custos de comedor escolar nos centros educativos concertados do Concello e as de material escolar o de facilitar o acceso a este material ás familias con fillos matriculados en segundo ciclo de Infantil, educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos.

En ambos casos poderán solicitarse ata o 30 de abril do curso corrente e concederanse en función da renda da unidade de convivencia. Así mesmo, no caso dos vindeiros cursos escolares as solicitudes poderán presentarse a partir do 1 de xullo de cada ano ata o 30 de abril do curso corrente.

As solicitudes poden entregarse conforme ó modelo do Concello no Rexistro Xeral, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As persoas interesadas en solicitar máis poden dirixirse ó Rexistro Xeral de entrada do Concello ou ó Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …