O Concello de Ferrol presenta o ciclo de teatro aficionado de balde ‘Domingos a Escena’

Antonio Golpe presentando Domingos a Escena | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol continúa programando actividade cultural para a cidade con novas propostas para as fins de semana. Tras a recente presentación da programación deseñada para os próximos meses, que inclúe música, teatro, danza e maxia, entre outras citas, o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentou esta mañá o ciclo de teatro aficionado ‘Domingos a Escena’, que supón a representación dunha obra teatral cada domingo, ata o 11 de decembro, ás 19 horas, no centro cívico de Caranza. En total serán 13 actuacións, a maioría de humor galego. Todas as representacións serán de acceso de balde.

A primeira das citas terá lugar este domingo, 18 de setembro, con ‘Sainetes’, da compañía Quemaisten Teatro. O 25 de setembro representarase ‘Soutelo Enterprise’, de Tiruleque Grupo de Teatro, e o 2 de outubro ‘Xacovedra’, de Andaravia Teatro- Asociación Papaventos. O 9 de outubro chegará a Caranza ‘Unha obra para un barrio’, da compañía Muiño do Vento; o día 16 ‘Fráxiles’, de Rebuldeira Teatro; o 23 ‘Coa saúde non se xoga’, de Eirado Teatro-Xunta veciñal de Doniños; e o 30 de outubro ‘Crime Desorganizado’, da Agrupación teatral Mariñán.

No mes de novembro, o día 6 representarase ‘Confinad@s’, da compañía Tequerete Teatro; o día 13 ‘A derradeira Bala’, de Farándula Velutina – 9 Musas; o domingo 20 ‘Mi tiempo soñado’, da asociación cultural ASCM; e o 27 de novembro interpretarase ‘De marzo a marzo’, de Opai Teatro. Por último, no mes de decembro, o día 4 poderase gozar da obra ‘Don Pero el Emparedado’, da asociación de veciños Ensanche A e grupo de teatro Donas; e o ciclo rematará o 11 de decembro coa obra ‘Encarcelados’, de Max Teatro.

Das 13 actuacións previstas no ciclo, preto da metade, seis, son de grupos de Ferrol: ‘Mi tiempo soñado’, ‘Unha obra para un barrio’, ‘Encarcelados’, ‘Don Pero el Empareado’, ‘De marzo a marzo’ e ‘Con saúde non se xoga’. O resto das compañías proceden doutros puntos de Galicia: As Pontes, Vigo, Teo, Sarria, Oleiros, Betanzos, Carballiño, Corcubión.

Lea también

Montserrat Martí Caballé actuará este sábado en el Teatro Jofre

El programa cultural diseñado por el Concello de Ferrol para los últimos meses del año incluye …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *