A glorieta de Freixeiro, Narón, iluminarase de cor verde con motivo do Día Mundial do Alzheimer

O Concello de Narón colaborará un ano máis coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Este mércores, día 21 de setembro, ás 20.30 horas iluminarase de cor verde a glorieta de Freixeiro, destacando así a cor indicada dende a Confederación Española de Alzheimer (Ceafa)

Dende o Consistorio apóstase conxuntamente con AFAL por dar visibilidade e sensibilizar á poboación sobre a realidade das demencias, que afectan a millóns de persoas en todo o mundo.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …