Instalación de catro novos sinais verticais indicando os accesos ó polígono Río do Pozo, Narón

O polígono industrial de Río do Pozo conta dende a pasada semana con catro novos sinais verticais indicando os accesos dende a autovía AG-64 As Pontes-Ferrol e Ferrol-As Pontes, e os localizados na zona do Val e San Mateo.

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que se trata dun investimento duns 15.600 euros. O edil naronés recordou que a actuación se suma á realizada o pasado mes de xaneiro, tamén en Río do Pozo, cando se instalaron outros catro paneis nos accesos polas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro.

“Continuamos avanzando na sinalización deste parque empresarial, o máis importante da comarca e o terceiro de maior superficie en Galicia”, explicou Pita, que valorou positivamente o resultado dos traballos realizados.

Todos os paneis instalados son verticais, realizados en aluminio e rotulados con vinilo e seguen unha liña uniforme, en canto ás dimensións e cor, en azul, para dar a benvida ó polígono dende os diferentes accesos dispoñibles.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …