O BNG esixe ao goberno local que explicite os motivos que impiden a formalización do ente xestor da candidatura a Patrimonio da Humanidade

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol emprazou esta mañá ao goberno municipal e nomeadamente ao alcalde da cidade a explicitar «cales son os motivos reais que impiden a presentación da candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade e as causas polas que non se formula unha proposta de ente xestor

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que despois de vinte anos de que esta iniciativa botara a andar «non é de recibo que as administracións implicadas nesta iniciativa e na súa xestión celebren reunións só de cara a galería e nas que non se toma ningún acordo concreto non se da conta de cales son os atrancos para que a proposta se efectivice

O BNG lamenta que o goberno municipal teña convertido a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade «nun elemento propagandístico e sexa incapaz de formular unha proposta de ente xestor, un proceso que leva paralizado desde o ano 2007 e que resulta imprescindíbel para a súa presentación

Para o BNG resulta «incomprensíbel» o silencio dos gobernos locais diante da actitude do Ministerio de Defensa, «e deberían explicitar cales son os impedimentos que aduce esta administración para atrasar calquera intento de promover un ente xestor e as trabas que impón para o goce por parte do conxunto da cidadanía dos bens dependentes deste Ministerio que forman parte desta proposta.«

Así mesmo, «compre resaltar o desleixo que a Xunta de Galiza amosou ao longo dos últimos anos por parte da candidatura de Ferrol negándose a presentar a proposta ferrolá diante do Consello de Patrimonio Histórico do Estado español para que se poida elevar à proposta para a súa aprobación definitiva por parte da Unesco

Lea también

Galicia Ártabra concede los premios “Ártabro 2023-24” a entidades, asociaciones y ciudadanos

Serán entregados el día 20 de abril en Afundación Un año más y van trece …